O concello traballa nas deficiencias do parque infantil da Alameda e de Toscaña

O concelleiro de obras e seguridade fixo hoxe un repaso sobre o estado de varios parques infantís do concello nos que se está a traballar para a súa mellora. Por unha banda, no parque da Alameda presentáronse nos últimos días varias queixas pola situación do caucho do solo e dalgún dos elementos de xogo. Dende o concello están xa en proceso de substitución das zonas danadas.

Por outra banda, como anunciamos en días pasados, os tobogáns do parque infantil de Toscaña están clausurados ante varios danos que ocasionaron os tornillos que unen varias das pezas. A empresa adxudicataria está buscando unha solución ao problema, e no caso de non habela, o concello solicitará a substitución dos tobogáns por uns novos. O concelleiro explicounos a situación.

AVANTAR ACTIVIDADES