Ribeiro en Común reclama que Ribadavia se pronuncie en favor dos dereitos humanos en Palestina

RIBADAVIA DEBE REIVINDICAR OS DEREITOS HUMANOS VIOLADOS POR ISRAEL EN PALESTINA.

Ribeiro en Común reclama  que Ribadavia se pronuncie en favor dos dereitos humanos en Palestina,  como membro da comunidade cultural sefardí e da Asociación Camiños do Sefarad.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro en Común a través dunha Moción manifesta a súa preocupación polos bombardeos indiscriminados que está realizando o exército de Israel contra poboación civil inocente de Palestina, e sobre todo co asasinato vil e criminal de nenos e nenas.

Ribadavia a 19 de outubro de 2023.

É indignante e terrible o que está acontecendo en Palestina. Consideremos que os concellos que temos un legado sefardí, como é o de Ribadavia, debemos esixirlle a Israel que respecte os dereitos humanos, así como todas as institucións e a nosa sociedade debemos posicionarnos en favor da paz e da convivencia entre os pobos. Sumando vontades e voces a favor dos dereitos humanos e o cese dos bombardeos por parte de Israel sobre poboación civil, sobre todo o cese inmediato do asasinato de nenos e nenas.

A lexítima defensa require proporcionalidade e necesidade racional do medio empregado. Cando Israel bombardea hospitais ou poboacións, mata a civís inocentes e bota dose seus fogares a miles de palestinos, non se está defendendo. Está atacando e violando o dereito internacional, como están a denunciar as organizacións dos dereitos humanos na zona, incluída a propia ONU, nada sospeitosas de ter intereses de parte.

– As Protestas no mundo contra o asasinato de palestinos inocentes a mans do goberno de Israel, moitas delas encabezadas por milleiros de xudeus que tamén están protestando contra os crimes do exército israelí, están demostrando que o Estado de Israel non representa a todos os xudeus do mundo, e que denunciar os crimes israelís non é antisemitismo, só e defender os dereitos humanos.
– Ribadavia é membro desde fai décadas da Asoación Camiños do SEFARAD.
Estamos moi orgullosos do pasado cultural sefardí de Ribadavia e amamos a súa cultura e legado.
Queremos reforzar estes vínculos tan valiosos para Ribadavia e para toda a Península Ibérica. Pero en momentos como os que estamos vivindo, é crucial remarcar que estas asociacións culturais nacidas para unir culturas e pobos, nunca deben ser plataformas políticas para-estatais, e menos aínda de intereses políticos contrarios ao dereito internacional e os dereitos humanos, como pretende demasiadas veces a estrutura gubernamental do Estado de Israel en España.
Son moi acaidas as palabras do ex ministro de exteriores de Israel, con Ehud Barak ,  e tamén ex embaixador  de Israel en España,  que esta mesma semana chamou “goberno de extremistas e proto-fascistas” ao de Netenyahu, e engadiu que “deben desaparecer da faz da Terra”.
Desde Ribeiro en Común concordamos coas palabras do ex ministro de Israel, e ex embaixador de Israel en Madrid, e creemos que  Netanyahu é un criminal e debe ser levado á Corte Penal Internacional.
Despois das barbaridades destes días e semanas contra nenos e nenas, e persoas civís inocentes, parece obvio que a guerra só pode ser freada aludindo ao ordenamento xurídico internacional e ao seu cumprimento.
Hai Lei internacional e debe ser cumprida, ninguén pode violala, tampouco o Estado de Israel. Desde logo, non será co noso silencio e complicidade.

– Por todo o anterior, facemos a seguinte PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:
1. QUE O CONCELLO DE RIBADAVIA MANIFESTASE A FAVOR DA PAZ EN PALESTINA E ESÍXELLE AO GOBERNO DE ISRAEL O CESE DOS BOMBARDEOS E ATAQUES CONTRA A POBOACIÓN CIVIL, HOSPITAIS, COLEXIOS E SOBRE TODO QUE PARE DE ASASINAR NENOS E NENAS. 
2. QUE O CONCELLO DE RIBADAVIA TRASLADE ESTE ACORDO DO PLENO MUNICIPAL A ASOCIACIÓN REDE XUDERÍAS – SEFARAD, E A EMBAIXADA DE ISRAEL EN ESPAÑA. ASÍ MESMO, TRASLADE ESTE ACORDO AOS CONCELLOS QUE FORMAN PARTE DA REDE SEFARAD,  E A FEGAMP PARA QUE OS CONCELLOS GALEGOS SE SUMEN A ESTA INICIATIVA.