A adega Pousadoiro, aderezada con poesía, protagoniza o segundo “Cata e arte”

Adega Pousadoiro, a adega de colleiteiro situada na parroquia de Barral, no concello de Castrelo de Miño, presentou onte os seus vinos brancos Pousadoiro e Norte & Sur o seu tinto Dona Gotto no segundo evento do ciclo “Cata a Arte”, acompañados dun recital poético de Carlos Abeledo Maristany. A acción desenvolveuse na planta baixa do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, espazo onde está ubicada a exposición fotográfica ‘Series’ de Chema Prado, que poderá visitarse ata este domingo.

Con aforo completo, os 100 asistentes probaron o viño Pousadoiro 2022, o viño cunha elaboración especial en ánfora de barro, Norte & Sur 2018 e o.tinto Dona Gotto 2022 En resumo, organizouse unha cata distendida e guiada polo propietario da adega, Alfredo Fernández, amenizada co recital de poesía do autor Carlos Abeledo Maristany.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta novena edición continuouse coas catas solidarias, solicitando que cada asistente colabore cun donativo dirixido integramente para a Asociación para la Lucha contra las Enfermedades Renales (ALCER Ourense), organización de carácter social e sen ánimo de lucro que ten como finalidade mellorar a calidade de vida de todas aquelas persoas afectadas por enfermidades renais e os seus familiares; desenvolvendo distintas actividades enfocadas á prevención e a loita contra as enfermidades que afectan ao ril, así como á doazón de órganos; tamén ofrecen servizos de interese como son os de traballo social, nutrición ou psicoloxía. A asociación está composta por persoas con enfermidade renal crónica en tratamento de diálese, con trasplante de ril, familiares, así como persoas sensibilizadas con este tipo de enfermidades e a súa problemática.

Viño e arte

O ciclo celebrarase durante cinco xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dende o 2 de novembro ata o 30 de novembro con presentacións e degustacións de viños de adegas da D.O. Ribeiro e con accións culturais. O seu aforo está limitado a 100 persoas por xornada, e as prazas serán cubertas por orde de retirada dos convites de xeito presencial no Centro Cultural dende o luns anterior a cada evento.

O 16 de novembro continuaremos coa cata de Bodegas Loeda, onde presentará o seu viño Treixadura Catro Parroquias acompañado dunha sesión de maxia a cargo do Mago Deimi. O 23 de novembro será o intre para a Adega Arco da Vella, onde Benito Eladio Rodríguez presentará os seus viños Torques (branco) e Tarabelo (tinto), todo elo harmonizado cun recital poético e cancións á viña e ao viño. E para rematar esta novena edición, o broche final poñerao o 30 de novembro a Bodega Alanís, que fará unha degustación do seu viño Gran Alanís 2022 en harmonía coa actuación musical poprock do dúo ourensán Hermanos Walker.

Adega Pousadoiro

A historia desta adega vén de incontables xeracións, aínda que fai máis de 25 anos plantou unha viña nova con variedades autóctonas. Xa máis recentemente modernizaron as instalacións, introducindo prensa, cubas de aceiro, frío, etc… Nesta aposta decidida de adaptación ás novas tendencias no mercado do viño, recoñecen que a imaxe é un factor inseparable. As novas instalacións fixéronse nunha casona rural tradicional en Barral (Castrelo de Miño), pertencente aos antepasados da familia, coa fin de poder amosar os viñedos e adega aos clientes nas visitas guiadas que organiza, previa reserva.

Carlos Abeledo Maristany

Poeta nado no Ferrol, ribadaviense e ribeirán ata a médula. Entre as súas obras destaca o poemario Lindos abrollos, onde entre outras facetas destaca a súa relación co Ribeiro. Dende o ano 2002 colabora nun poemario solidario, con outros autores, para recaudar fondos para a cociña económica de A Coruña.

Tamén publica na “Colectánea de poesía luso-galaica” promovida pola poeta portuguesa Esther de Sousa Sá