Vilamoure ( Punxín ): 25 de novembro: última xornada do Videa Fest 23

O sábado 25 de novembro ás 10h terá lugar a última sesión do Videa Fest 2023. O obradoiro de Xosé Vilamoure en Vilamoure (Punxín) e a Galería Dodo Dadá (Ourense) serán  os  lugares  de  encontro  para  disfrutar  da  obra  de  varios  artistas:  Xosé Vilamoure, Marita Carmona, Katrina Biurrun e todos os expostos na galería.

A IV edición do Videa Fest deu comezo o 7 de outubro co obradoiro de Francisco Pazos en Cobas (Meaño), pasando a unha segunda sesión en Mallas (Fisterra) coa pintora Natasha Lelenco e a unha terceira en Gundivós (Sober) co oleiro Elías González e o pintor Modesto Trigo. A anterior foi o 4 de novembro en Cambados cun pase espacial coa proxección do filme O Corno, para rematar este sábado 25 na provincia de Ourense co apoio da Deputación ourensá.

AVANTAR ACTIVIDADES

O festival marida gastronomía, cultura, arte, música e sendeirismo e se celebrou todas as fins de semana desde o 7 de outubro ata o 25 de novembro co apoio da Xunta de Galicia e o Gadis. Meaño, Fisterra, Sober, Punxín e Cambados son os concellos polos que pasou esta edición do Videa Fest, con artistas como Elías González, Natasha Lelenco ou Xosé Vilamoure.

O festival suma cultura apostando tamén pola música e o cinema galegos achegando aos obradoiros grupos locais que actuarán nos diferentes espazos.

Hai 150 prazas dispoñibles para cada día e xa se poden reservar entradas dende a súa web

 www.videafest.com .

O sábado 25 de novembro comezará ás 10:00 a última das xornadas do Videa Fest. Será en Vilamoure (Punxín), no Obradoiro de Xosé Vilamoure, onde desfrutaremos da obra do pintor. A xornada continuará na Galería de Arte Dodo Dadá (Ourense), coa pintora Marita Carmona e a exposición de Katrina Biurrun.  As actividades serán as seguintes:

Roteiro

A xornada iniciarase cunha visita para todas as idades ao Castro de San Cibrao de Lás

(aforo limitado, confirmar asistencia ao 645 56 52 30)

Obradoiro

Tralo acto inaugural, comezarán as visitas guiadas ao taller do pintor Xosé Vilamoure.

Cata e música

Realizarase unha cata dos viños de Bodegas Cunqueiro, coa música de Gonzalo Arca.

Gastronomía

“El Taller” de Moisés (chef) e Adriana (nutricionista) e unha degustación de polbo, así como a celebración do Magosto do Videa Fest. Todo coa música do DJ Isaac Pedrouzo.

Concerto

Grupo Kwai Chang Caine.

Sorteo

Sorteamos dúas obras de Xosé Vilamoure entre os asistentes.

Obradoiro

A xornada continuará na Galería Dodo Dadá (Ourense) coa artista Marita Carmona. Alí estará a exposición de Katrina Biurrun e outros artistas, así como a música da DJ Paula Rodríguez.

Sorteo

Sorteamos unha obra de Xosé Vilamoure entre os asistentes.

Para consultar máis información podedes contactar co Videa Fest en videafest@gmail.com