O Obradoiro de Instrumentos Populares da Deputación organiza a presentación do documental “Florencio López, o cego dos Vilares”

Ourense, 7 de decembro de 2023.- O Obradoiro de Instrumentos Populares da Deputación de Ourense organiza a presentación do documental “Florencio López, o cego dos Vilares” da man do músico galego Pancho Álvarez. Ao remate da proxección haberá un coloquio e un concerto do músico que estará acompañado polas violinistas Begoña Riobó e María Jorge. Esta iniciativa cultural terá lugar o vindeiro 12 de decembro, ás 19.45 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.  

O documental pretende dar visibilidade e recoñecemento ao ilustre músico galego, Florencio López, nado no ano 1914 no concello de A Fonsagrada. Florencio sufriu na súa infancia varíola ademais dunha parálise que o deixaron cego e con pouca mobilidade. Logo de estudar música e violín con outro cego, decide seguir aprendendo pola súa conta chegando a ser un gran intérprete deste instrumento. Percorre as aldeas e vilas do norte de Lugo e o occidente asturiano tocando en romarías, ruadas, vodas, bautizos, cegadas e alí onde o chamaran.  

AVANTAR ACTIVIDADES