Centos de persoas reclaman pediatras no Carballiño

A Plataforma creada para reclamar mais pediatras no Carballiño conseguiu reunir a nais, pais, nenos e nenas asi como a veciños e veciñas que se manifestaron polas rúas do Carballiño desde a praza da Veracruz ata a Praza Maior onde se deu lectura a un manifesto

VIDEO CA LECTURA DO MANIFESTO

AVANTAR ACTIVIDADES

GALERIA DE IMAXES:


A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Carballiño está en loita polo precario servizo de pediatría, agora mesmo cuberto por un médico de familia con especialidade en puericultura. Aproveitando a sesión do último pleno leron un manifesto e recolleron as sinaturas da corporación municipal.

A plataforma naceu con esta premisa e contan co apoio de máis de 600 persoas. O último comunicado da Xunta do anuncio dun proceso de selección de prazas de difícil cobertura non lles vale ata que non se faga realidade, e aínda así non o consideran suficiente.