Anatomía do frío que non cesa

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón

«Meses do inverno fríos, / que eu amo a todo amar; / meses dos fartos ríos / i o doce amor do lar»

(Rosalía de Castro, Follas Novas)

AVANTAR ACTIVIDADES

As invernizas e sempiternas noites da infancia nunca se cansan de rebrotar na nosa memoria. Nunca. Cada vez que apalpamos tempos indecisos –infestados de xeadas rabiosas e chuvieiras reincidentes– en que a bocanoite chega canda a tarde, abafada por covardes escuridades e teimudas melancolías, os lonxincuos pretéritos sempre acaban rebulindo na tulla das lembranzas ata insuflar en cada un dos baleiros e inertes arestoras aconteceres de días en que outono e inverno se confunden.

Sentado ao pé da lareira, mato o tempo tentando expurgarlle os espiños ao frío. Raño os dedos dunha man coas uñas da outra, procurándolle alivio ao proído porfioso das frieiras, e deluvo os ollos para distraelos da fumareda coa que me quere imbuír o lume famento, no que as voraces laparadas engolen os cavacos, achegados polo avó antes de comer o carolo de pan con touciño e a dose de caldo de cada día. Vai adobado con inapelábel sentenza, «hai que servilo fervendo para que non arrefríe na viaxe que ha facer a cabalo da culler desde a cunca ata a boca». (Devezo por saber como puido vivir tantos anos sen que se lle derretese aquel rexo padal de aceiro e cobalto bravo).

Ao se fatigar a lapa e furtarlle o protagonismo o borrallo, canso e adoecido sen saber o porqué, emprendo o ansiado ritual de ir á cama, antes de que a friaxe me entumeza o ser. Subo as escaleiras ata o sobrado, coa banda sonora dos descompasados chirlos das táboas. Entro no cuarto sen porta e, despois de desamalloar as chancas, descálzome e íspome. Absolutamente moído, déitome sen resolver a dúbida metódica de se debo desencolar dos meus pés –orfos de calor e sensibilidade– aquelas armaduras de cotra tesa que outrora foron agarimosos abrigos da la, carmeada e fiada polas mans da nai nas longas horas de noites de invernía. Acubillo o meu corpo, aparentemente vivo, nas sabas de estopa e entálome entre aqueles ladrais adestrados para ter man de min e do pesado cobertor. Malia o duro suplicio, axiña caio rendido no colo de Morfeo. Desperto deseguida e batallo contra a humidade e a friaxe, que furan por entre as tellas, confabulándose para me roubar a noite, xunto cos mil golpes da tose do avó que abafan o silencio e azacotan a escuridade.

Érgome cedo, tremelicando, sen saber ben se o culpábel da miña madruga é o cantar do galo, o recío que me empapa a cara ou o berro da nai que se  estampa contra a banceira da cama. Lavo as lagañas, almorzo e cargo o vello braseiro, armado polo pai cunha lata de sardiñas e unha anga de arame. Marcho cara á escola abaneando arreo o artefacto para que non se achiquen as brasas. Ao chegar, poño algunhas na tixola que hai debaixo da mesa do mestre, co fin de desentumecer aquelas mans, negrexadas e aterecidas, que de cando en vez emprega para quentarnos as orellas. 

De súpeto retorno á normalidade, mais a testuda frialdade porfía por me seguir pexando a mente. Non sei cando, quizais mañá… se cadra hoxe mesmo, ao despertar de todo e apalpar as entrañas do frío, talvez entenda a habelencia que posuía a nai para o sentir sen lle tocar, para o ver a través dos xélidos cristais. (Cada mañá, o primeiro que facía era achegarse á fiestra e fretar as mans mentres pensaba en alto: «Canto frío vai! Que o diaño o leve, que un raio o parta!»)

[Por moitas voltas que lle dá ao caletre, o meu tío Lisardo  non acaba de comprender como pode haber xente que, malia presumir de andar medio espida, a súa pel non é capaz de distinguir as  quenturas das friaxes do tempo, deste tempo tan revolto, escuro e indeciso]

 

Outros Artigos de Antón Jardón :

“Recompor a memoria. En galego, claro!”

“Que queremos ser, ‘anduriños’ ou pardaos?”

“As gloriosas fragancias da Gloria”

“O prezo dos servizos municipais (ou cando as comenencias suplantan ás necesidades)”

“Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta”

” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “

“Quiere una bolsita?”

” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “

” Que é un alcalde de tarifa plana? “

” Concellos galegos ou concellos de Galicia “

” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “

” O espello convexo e os carneiros mochos”

Días de intemperie

Que tropa, que tempos…, que ventos!

Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen

É a caligrafía, babeco!

Cando pretendes apalpar os sentires da noite

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “