A Axencia de Doazón de Sangue ten as reservas de 0+ e a+ baixas

As reservas de sangue dos grupos 0+ e A+ están en niveis baixos, e dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue precisan a túa axuda. Podes colaborar doando en calquera das unidades móbiles e locais de doazón e tamén nos hospitais.

Os homes poden doar ata catro veces ao ano e as mulleres ata tres veces. Bota contas e se aínda podes facelo achégate a doar.

AVANTAR ACTIVIDADES

É tempo de solidariedade, de compartir e de axudar. É tempo de doar sangue. Nestas datas de Nadal é máis importante ca nunca que as reservas dos hospitais estean cheas, ante a posibilidade de máis accidentes motivados polos desprazamentos dos próximos días.