BDNS (Identif.):738541
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase
o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/con
vocatoria/738541)
- Establécense catro categorías cos requisitos mínimos de
participación que a continuación se indican:
Individual alevín – ata 8 anos
Individual infantil – de 9 a 12 anos
Dous ou máis compoñentes alevín– ata 8 anos
Dous ou máis compoñentes infantil – de 9 a 12 anos
As categorías de dous ou máis estarán condicionadas á uniformidade do disfrace e á inscrición de, polo menos, cinco grupos
de participantes, de xeito que, no caso de non acadarse este
mínimo, as ditas categorías serían eliminadas do concurso pero
un deles poderase presentar na categoría individual. - Para participar é necesario inscribirse unha hora antes do
concurso na Praza Maior. Para formalizar a inscrición indicarase nome/s completo/s, idade/s, disfrace (indicando se é
individual ou grupo) e número de teléfono. A inscrición deberá facela un responsable do/a menor presentando o seu DNI
e facendo constar na inscrición o/os nome/s de todos os que
forman o grupo. Na inscrición só se permitirá un responsable
por menor. - Os premios por categoría serán vales para cambiar nas
seguintes librerías por libros de lectura ou material escolar:
Librería Ábaco, Librería Castro, Librería Escolma, Papelería
Office Center e Carlín Carballiño. Os premiados autorizan o
endoso das facturas das librería que figurarán ao seu nome e o
Concello aboarallos directamente a aquelas.
Individual alevín
1.º premio: vale de 60 €
2.º premio: vale de 40 €
3.º premio: vale de 20 €
Dous ou máis compoñentes alevín
1.º premio: vale de 100 €
2.º premio: vale de 50 €
Individual infantil
1.º premio: vale de 60 €
2.º premio: vale de 40 €
3.º premio: vale de 20 €
Dous ou máis compoñentes infantil
1.º premio: vale de 100 €
2.º premio: vale de 50 € - Para este concurso a Concellería de Cultura establece estes
premios con cargo a aplicación orzamentaria 334.11.480.00,
transferencias correntes 2024. - A organización resérvase o dereito a solucionar calquera
conflito que puidera derivar da súa interpretación. En todo
caso, o que non figure nestas bases será regulado polas bases
do Concurso-Desfile do Martes de Entroido 2024. - A participación neste concurso supón a aceptación implícita
destas bases.
O Carballiño, 10 de xaneiro de 2024. O alcalde.
Extracto das bases reguladoras e convocatoria do ConcursoDesfile do Martes de Entroido 2024
BDNS (Identif.): 738562
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase
o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións 🙁
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/738562)
- Participantes
A participación está aberta a todos os colectivos (asociacións
xuvenís, culturais, veciñais, etc.; grupos, bandas xuvenís, colexios, etc) que o desexen. - Inscrición e prazo
As inscricións faranse no Departamento de Cultura do
Concello nun prazo improrrogable ata o día 10 de febreiro de
2024, en horario de oficina (de 9.00 a 14.00 horas) e presentaranse no rexistro municipal, a partir do día seguinte ao da
publicación do extracto da presente convocatoria no BOP tras
a comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos
Nacional de Subvencións (BDNS). Para calquera consulta poderán chamar aos teléfonos 662 198 615 ou 988 530 007, extensión 29. - Crédito orzamentario
Para este concurso, a Concellería de Cultura establece os
seguintes premios con cargo a aplicación ozamentaria
334.11.480.00, transferencias correntes 2024.
Establécense os seguintes premios:
1.º Premio: 1.300 euros
2.º Premio: 1.000 euros
3.º Premio: 800 euros
4.º Premio: 400 euros
5.º Premio: 350 euros
6.º Premio: 300 euros
7.º Premio: 250 euros
8.º Premio: 200 euros
- 12 accésits de 120 euros ás comparsas que non acaden ningún dos premios anteriores.
- Un premio especial de 300 euros para a mellor comparsa que
acade a maior puntuación. O xurado neste caso estará composto por un representante de cada comparsa que participe no
desfile, que deberán seleccionar cun voto á que consideren
mellor comparsa. Os criterios a ter en conta serán os mesmos
que os estipulados na base 7.ª desta convocatoria. Levantarase
acta unha vez feito o reconto da puntuación desde o
Departamento de Cultura. - As cinco primeiras comparsas gañadoras terán nun incremento de 250 euros cada unha delas, sempre que participen no desfile do día 25 de febreiro-Festa da Cachucha excepto que por
causas indicadas na base 3, non se concederá o dito incremento. Dada a non obriga da participación neste desfile, no caso de
que algunha delas non desexe participar, poderáselle ofrecer á
seguinte na clasificación.
Aos premios aplicaránselle as retencións correspondentes
segundo a lexislación vixente e poderán ser compatibles con
outros para o mesmo fin.
O Carballiño, 10 de xaneiro de 2024. O alcalde.
Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro.