4 de febreiro : ” día do orgullo zombie “

A festividade de hoxe celébrase o mesmo día do cumpleanos de George A. Ramos, quen transformou o cinema de terror coa icónica “A noite dos mortos viventes”, de 1968 

Quizá o exemplo máis recente da relevancia de “A noite dos mortos viventes” no cinema de terror sexa a tan criticada “ Bird box: a cegas”, na que Sandra Bullock sobrevive cos ollos vendados a unha praga misteriosa que leva á xente para suicidarse. No filme, o personaxe de Bullock escóndese nunha casa xunto a un grupo de sobreviventes. Alí decátanse polas noticias do que sucede no exterior e, segundo o medo e o abafo do peche crecen, comezan os problemas entre eles. Calquera seguidor de George A. Romero descubriría as similitudes entre a ópera prima do pai do cinema de zombies e esta cinta de Susanne Bier

AVANTAR ACTIVIDADES

En todo caso, é probable que Romero dese a súa bendición a esa inspiración extraoficial de Bier na súa obra, dado que a súa foi tamén froito dunha especie de apropiación. O cineasta, que faleceu de cancro e cuxa data de nacemento foi elixida para celebrar o Día do Orgullo Zombie, baseouse na novela “Son lenda”, de Richard Matheson, para crear o filme que introduciu os mortos viventes á gran pantalla. De feito, no libro fálase de vampiros, e o éxito de Romero estivo en substituílo por caníbales famentos que saen das suas tumbas en busca de alimento fresco.

Romero, John Russo e Russell Streiner, cos que montara unha produtora, recadaron pouco máis de 100.000 dólares e, armados de sirope de chocolate para simular o sangue e entrañas de ovella para recrear as escenas en que os zombies comen carne humana, lanzáronse a rodar en Pittsburgh, onde o trío vivía e estudara na Universidade de Carnegie Mellon. “A noite dos mortos viventes” estreouse o 1 de outubro de 1968 e foi un éxito inmediato de crítica e público.

Información publicada en La Razon