O PP garantiza a implantación do transporte urbano de viaxeiros na comarca de Ourense coa cooperación activa entre a Xunta e a Deputación

Nunha comparecencia no Cumial, límite entre Ourense e San Cibrao das Vilas

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación, Luis Menor, anuncia que a colaboración da administración provincial terá dous eixos: apoio técnico e xurídico para toda a tramitación precisa, e apoio financieiros para os concellos usuarios deste servizo. “O compromiso da Xunta de Alfonso Rueda é total, igual que o da Deputación”, explica

A alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, explica que “nos tempos que corren, é inadmisible que o autobús urbano circule por San Cibrao pero non poida parar. Precisamos feitos e non ocurrencias, e só os alcancaremos da man dun presidente capaz de acadalos como é Alfonso Rueda”

Menor e Nóvoa, acompañados polas candidatas Victoria Núñez e Ana Méndez, puxeron de manifesto que a comarca de Ourense debe contar xa cun transporte público de viaxeiros adecuado, “e sobre todo que chegue aos polígonos industriais. Só ao de San Cibrao desprázanse cada día 12.000 persoas para ir ao seu traballo”

13, febreiro, 2023.

Co obxecto de evidenciar o problema do transporte público de viaxeiros na comarca de Ourense, o presidente da Deputación, Luis Menor; a alcaldesa de San Cibrao das Viñas e vicepresidente primeira da institución provincial, Marta Nóvoa; e mailas candidatas populares ao Parlamento de Galicia, Victoria Núñez e Ana Méndez, compareceron esta mañá no Cumial, xusto no límite xeográfico entre os municipios de Ourense e San Cibrao.

“Os autobuses urbanos chegan ata aquí, circulan por San Cibrao, pero non poden parar”, explica Marta Nóvoa, quen considera “inadmisible” este falta de servizo aos cidadáns. Sinala tamén a alcaldesa que tampouco existe servizo para os polígonos industriais, lembrando que só ao de San Cibrao acoden diariamente 12.000 persoas aos seus postos de traballo. “Precisamos feitos e menos ocurrencias, e só os alcanzaremos da man un presidente capaz de acadalos como é Alfonso Rueda”, dixo Marta Nóvoa.

Pola súa banda, o presidente da Deputación lembra que “o compromiso da Xunta liderada por Alfonso Rueda é total, igual que o da Deputación, para acadar por fin este servizo”. Precisamente, no que atinxe á institución provincial, Menor explica que a cooperación virá dada por dous eixos: axuda técnica e xurídica para toda a tramitación que precisen facer os concellos, así como apoio financieiros para axudar aos municipios usuarios do servizo, “e que as súas arcas municipais non se vexan demasiado afectadas”.