A Festa do Pulpo do Carballiño reivindica en Compostela a súa internacionalidade e aspira a ser un referente en sustentabilidade

-O programa da celebración gastronómica, que chega a súa 61 edición, arrancou esta semana e un dos pratos fortes será a preparación, o próximo martes 8 de agosto, da tapa máis grande do mundo cun novo récord de 580 quilos de pulpo

-Francisco Fumega: “Trátase da romaría máis grande de Galicia, nun entorno natural privilexiado e que hoxe disfrutamos cun concepto de sustentabilidade para tratar de manter o que temos e deixarllo ás xeracións futuras”

AVANTAR ACTIVIDADES

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023

Ao redor dunha gran caldeira instalada na Praza do Toural de Santiago de Compostela e na que se coceron 15 quilos de pulpo celebrouse esta mañá o acto de presentación da festa que rende culto a este manxar. Non podía ser doutro xeito, pois esta 61 edición dedícase ao Camiño Miñoto, un dos percorridos máis antigos que enlazaban o norte de Portugal coa capital de Galicia, co obxectivo é potenciar a internacionalidade da festa na Ruta Xacobea.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu ao Concello de Santiago a oportunidade de levar a cabo nesta cidade a presentación “da romaría máis grande de Galicia, que cada segundo domingo de agosto celébrase nun entorno natural privilexiado, no parque municipal, e que hoxe disfrutamos cun concepto de sustentabilidade para tratar de manter o que temos e deixarllo ás xeracións futuras”. O rexedor destacou o carácter internacional da Festa do Pulpo e a aposta por seguir traballando na sustentabilidade para que este parque que ten cen anos sexa esencia de futuro”.

A concelleira de Festas de Santiago, Pilar Lueiro, destacou a esencia da Festa do Pulpo, “que é cultura e tradición e que nos caracteriza como galegos”. Pola súa banda, o presidente da Asociación Cultural Camiño Miñoto-Ribeiro, Avelino Luis de Francisco Martínez, reivindicou o valor deste percorrido e o traballo da entidade que representa, a que pertencen 16 concellos e que loita por lograr a oficialidade do Camiño Miñoto Ribeiro a Santiago de Compostela.

Faltan 9 días para a gran comida da Festa do Pulpo, se ben a programación arrancou coa Semana Grande para Pequenos e para esta noite programouse a Andaina nocturna aos petroglifos de Cangues. Ademais, durante a toda a fin de semana os veciños e visitantes poderán visitar a Feira Medieval “A Liorta”, que se traslada ao mes de agosto para reforzar o programa da celebración gastronómica.

Outro dos pratos fortes será, como é tradición, a elaboración da tapa máis grande do mundo, o 8 de agosto. Intentarase bater un novo récord con 580 quilos de pulpo e para a súa elaboración empregaranse 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pimentón. O Concurso de Camisetas, previsto para o 12 de agosto, contará con animación DJ, a partir das 18.00 horas.

Este é o programa detallado:

4 de agosto: Andaina nocturna aos petroglifos de Cangues. Saída do local da AA.VV. de Madarnás, ás 22.00 horas. Organiza: Centro de Estudos Chamoso Lamas.

4-6 de agosto:

Feira Medieval A Liorta (de 11:00 a 23.30 horas).

5 de agosto:

Música Feito no Carballiño: Sueño de Ítaca. Alameda. 20.30 horas.

7 de agosto:

Música Feito no Carballiño. Marta e Sergio Tanús. Praza Maior. 20.30 horas.

8 de agosto:

Elaboración da tapa de pulpo máis grande do mundo. Praza Maior.

9 de agosto:

Concerto de pop rock: Soul & Roll. Praza Maior 20.30 horas.

10 de agosto:

Festival Folclórico Internacional. Praza Maior. 22.30 horas.

11 de agosto:

Torneo de fútbol Festa do Pulpo. CD Arenteiro-Lugo. Campo de Espiñedo. 19.30 horas.

Animación na rúa: Charanga Mekánica Rolling Banda. A partir das 20.00 horas.

12 de agosto:

Concurso de camisetas. Animación Dj`s. Praza Maior. A patir das 18:00 horas.

13 de agosto:

Festa do Pulpo no Parque Municipal.

11.00 horas: Saída dos grupos de música tradicional.

11.30 horas: Apertura de postos grastronómicos.

12.00 horas: Concertos “Son do Pulpo”. Música tradicional. Coribantes de Buchabade. Ardentía.

Saída das charangas pola vila.

14.00 horas: Apertura do recinto oficial.

17.00 horas:  As charangas volven saír na vila.

20.30 horas: Orquestra Yukatán. Primeiro pase.

23.30 horas: Orquestra Yukatán. Segundo pase.