Comunicado da ANPA do Conservatorio do Carballiño sobre o gas radón

COMUNICADO DA Anpa

A/A Sr Concelleiro de emerxencias e seguridade do Concello do Carballiño Alberto Otero
Poñémonos de novo en contacto con vostede para informarlle de que as medidas provisionais anunciadas e comunicadas pola dirección do centro non foron aplicadas.
Dende o luns 26 de febreiro non se aprecia ningunha aplicación de medidas preventivas provisionais. Non houbo traslado de aulas. Tampouco hai sinais visibles nin información fiable por parte do concello de planificación de obras para o verán.
Dende o Concello e dende o propio centro non hai ningunha iniciativa para encargar as medicións para cada aula tan necesarias para acreditar cal delas cumple os niveis admisibles de concentración de gas radon.
Dende a ANPA solicitamos e achegámoslle unha oferta dunha empresa externa para elaborar un informe e comprobar os niveis de gas radon en cada aula. O informe detallará medicións continuas “24 horas ao día” con gráficos que reflicten a eficacia da ventilación natural existente no centro.
O obxectivo é poder comezar as clases no terceiro trimestre co control da contaminación do centro e poder tomar as decisións correctas en canto ao traslado das aulas.
Agradecemos de antemán a súa implicación na aplicación de medidas provisionais cuxa aplicación deben ser urxente dada a gravidade da situación.

AVANTAR ACTIVIDADES