O Concello de Ribadavia estrea unha nova imaxe institucional actualizada e susceptible de usos múltiples en formatos diversos

O Concello de Ribadavia estrea unha nova imaxe institucional actualizada e susceptible de usos múltiples en formatos diversos. O Concello de Ribadavia encargou a un equipo multidisciplinar da Universidade de Santiago de Compostela un completo manual de imaxe institucional. Tomando como referencia o escudo heráldico de Ribadavia, o equipo da USC elaborou as diferentes propostas que darán cobertura á implementación dunha imaxe institucional actualizada e susceptible de usos múltiples en formatos diversos.

A proposta da USC, reflexada nun documento de 116 páxinas pormenoriza os diferentes elementos adaptados ao escudo orixinal, simplificando usos e coa correspondente proposta tipográfica.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre os diferentes usos propostos para a implementación da imaxe institucional do Concello de Ribadavia, contémplase:

•          Totems de entrada e saída ao municipio

•          Placas identificativas de cada área de goberno e servizos municipais (interior/exterior)

•          Formatos para a web e redes sociais

•          Novos deseños de toda a papelería do Concello

•          Tarxetas profesionais

•          Normas de convivencia con outras marcas asociadas ao Concello de Ribadavia

•          Novo logo de turismo

O novo manual de imaxe institucional contempla a creación da nova marca “Ribadavia Turismo”, unha marca con imaxe propia que ten como finalidade a promoción dos distintos ámbitos do turismo de Ribadavia, tanto os derivados do lecer coma os relacionados coa cultura e o patrimonio.