Estafa do fillo en apuros

A Garda Civil informa de que se está a detectar un aumento do número de tentativas da estafa denominada do “fillo en apuros”.
A mellor maneira de evitar seres vítima dunha estafa é coñecer como se leva a cabo para poder identificala no caso de que o tenten contigo.
Neste caso, a vítima recibe unha mensaxe por SMS ou máis frecuentemente Whatsapp, procedente dun número descoñecido na que unha persoa faise pasar polo seu fillo (podería ser outro familiar) e solicita axuda ante unha situación grave. Normalmente di que se perdeu ou avariou o seu móbil. Se se lle fai caso, acabará pedindo unha transferencia de diñeiro de maneira urxente.
Os ciberdelincuentes proban con moitos números de teléfono, e soen atopar a alguén que cae na estafa. Se recibes algunha mensaxe deste tipo e tes dúbidas, para evitar o perigo podes seguir estes pasos:

A) Chama ao teléfono habitual do teu fillo (ou o parente que diga ser) para comprobar se realmente hai algún problema co seu teléfono. Se está apagado ou non responde proba co paso seguinte.

B) Realiza unha videochamada ao teléfono do que recibiches a mensaxe para comprobar que quen solicita o diñeiro é quen di ser. Deixa claro que sen videochamada non haberá máis comunicación (nin cartos).

C) Se non é posible comprobar a identidade mediante os pasos anteriores, podes solicitar axuda e describir o teu caso: o persoal do Incibe darache consello.
En calquera caso:
Nunca envíes eses cartos sen ter seguridade completa sobre a identidade de quen cho pide: é moito máis probable que esteas a falar cunha banda de malfeitores que co teu familiar.
Pon sempre o caso en coñecemento das autoridades: servirá de axuda para investigar e previr novas estafas.
Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal