Lanzamento da Nova Web de Turismo do Concello de Ribadavia: ¡Descobre o encanto da nosa Vila!

O Concello de Ribadavia complácese en anunciar o lanzamento da súa nova plataforma dixital de turismo, deseñada para destacar o vasto potencial turístico da nosa encantadora vila histórica. Con unha combinación única de patrimonio, natureza, termalismo, barrio xudeu, viño do Ribeiro, camino Miñoto e moito máis, Ribadavia é
o destino ideal para os amantes da cultura, a historia e a beleza natural.


A concelleira de Turismo, Yolanda Gómez, expresou o seu entusiasmo polo lanzamento da nova web: “Estamos emocionados de presentar esta ferramenta que permitirá aos visitantes explorar todo o que Ribadavia ten para ofrecer. A nosa intención é que esta web sexa unha ‘web activa’, actualizándose frecuentemente para dar difusión as últimas actividades culturais e deportivas da nosa vila”.
A nova web de turismo ofrece aos visitantes unha experiencia interactiva e envolvente, onde poden descubrir os tesouros ocultos e as xoias culturais de Ribadavia. Desde os impresionantes monumentos históricos atan as serenas paisaxes naturais, os visitantes poderán acceder a información detallada sobre os lugares de interese, rutas turísticas suxeridas, aloxamentos, restaurentes e experiencias únicas que ofrece a vila de Ribadavia.
A creación desta plataforma dixital de turismo foi posible grazas ao traballo da empresa local Elitek Solutions, que colaborou estreitamente co Concello para facer realidade esta visión.
Para obter máis información e comezar a planificar a súa próxima visita a Ribadavia, visite www.turismoribadavia.gal

AVANTAR ACTIVIDADES