Na madrugada deste domingo terá lugar o cambio de hora ao horario de verán

O cambio de hora é unha data que ten lugar dúas veces ao ano, en marzo e outubro. O cambio de hora realízase dúas veces ao ano: o último domingo de marzo e o último domingo de outubro. Este domingo, 31 de marzo, España acollerá o horario de verán, adiantando os reloxos unha hora, ás dúas da mañá serán as tres, reducindo unha hora de sono esa noite, pero permitindo gozar de máis luz natural durante as tardes.

Este sistema busca optimizar o uso da luz solar para reducir a dependencia da electricidade. Aínda que o cambio de hora é unha práctica moi estendida en moitos países do mundo, tamén foi obxecto de debate.

AVANTAR ACTIVIDADES

Non obstante, a día de hoxe, o cambio de hora segue sendo unha práctica vixente en España e na maioría dos países que o adoptan, á espera dunha decisión final que poida modificar ou eliminar esta medida.