Falece de forma repentina un veciño de Carballiño mentras se atopaba nunha entidade bancaria

O home faleceu de maneira repentina mentres se atopaba na sucursal bancaria de Abanca da vila na mañá deste mércores.

Emilio E.C., de 86 anos de idade , desplomouse ao redor das 10:45 horas cando estaba no interior do banco.

AVANTAR ACTIVIDADES

Actualmente residía na Residencia para Maiores de Cornuval, no Carballiño.

Ata o lugar desprazáronse a Policía Local, sanitarios do PAC do Carballiño, ademais do helicóptero do 061, que tentaron reanimalo durante 40 minutos sen conseguir salvar a súa vida.