A agrupación municipal do PSdeG de Ourense organiza un acto, o 1 de maio, para continuar reclamando os dereitos das e dos traballadores

Tamén haberá unha ofrenda floral diante do busto do fundador do partido, Pablo Iglesias Posse, ás 10.30 horas do vindeiro mércores, e intervirán o secretario comarcal da UGT, o secretario provincial e a secretaria xeral do PSOE en Ourense

Esta data non debe ser para celebrar, senón para continuar loitando polos dereitos perdidos e todos aqueles que quedan por conquistar. Así como para esixir que se derruben os teitos de cristal que aínda continúan en pé”, sinalou Natalia González

AVANTAR ACTIVIDADES

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG organiza, o vindeiro mércores 1 de maio, nunha ofrenda floral e no xa tradicional acto, xunto á UGT e o secretario provincial do partido, diante do busto do fundador do PSOE, Pablo Iglesias Posse. Intervirán no mesmo o secretario comarcal do sindicato en Ourense, Cristóbal Medeiros, o secretario provincial dos e das socialistas, Rafael R. Villarino, e a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González.
Despois da homenaxe e reivindicación por continuar mellorando as condicións laborais da clase traballadora e reducir a fenda salarial, que terá lugar ás 10.30 horas, a agrupación municipal tamén percorrerá as rúas de Ourense na manifestación convocada para o mediodía.
“Esta data non debe ser para celebrar, senón para continuar loitando polos dereitos perdidos e todos aqueles que quedan por conquistar. Así como para esixir que se derruben os teitos de cristal que aínda continúan en pé”, sinalou a tamén portavoz do grupo municipal no Concello de Ourense.