O Grupo Municipal de Emerxencias crea o comité de empresa para a mesa de negociación

Esta mañá, o concello do Carballiño acolleu o comité de empresa do Grupo de Emerxencias Municipal. Este é un paso previo á mesa de negociación, no que se decide quenes serán os representantes que terán voz nesa xuntanza.

A mesa de negociación, que será nas vindeiras semanas pero aínda sen data fixada, contará coa participación dos sindicatos, o concello e os traballadores do Grupo Municipal de Emerxencias. Os traballadores levan meses reclamando esta reunión e manifestándose por unhas condicións laborais mellores. Entre as súas reclamacións está contar con máis persoal, novos equipos de protección e unha revisión das súas tarefas.

AVANTAR ACTIVIDADES