A gavilla da Pepa Loba comezaba esta fin de semana as actividades na eira de Flores

A súa aparición volvía sorprender a quen acudiu á feira, presentándose cos  demais bandoleiros na fonte do Concello, e incorporando tres novos personaxes, dous empregados do ente local e un concelleiro, que animaba a nenos e adultos a participar en senllos cursos para aprender a arte do asalto

A propia bandoleira referíase á necesidade de novos gavilleros e o certo é que se sumou un bo número ata contar cunha participación de ata unha vintena de persoas, entre nenos e maiores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre as homenaxes desta feira tivo lugar o nomeamento dunha praza de flores a Alfonso gonzalez “Tupino” que foi un iniciador e sempre colaborador comprometido nesta feira e en xeral nas actividades do barrio de Flores

ademáis, a organizadora e impulsadora desta feira de recuperación de artes e oficios tradicionais, rosa nuñez , tamen foi homenaxeada acudindo a gavilla e visitantes a zona da sua casa , preto de onde tiña lugar a reprsentacion este sábado.

A feira comezaba o venres con homenaxe este ano a menciñeiros e curandeiros, cunha charla impartida na eira de flores por o historiador Felipe senen , tanto o sábado e o domingo tivo lugar o mercado de arte, artesanía ee mercadorias, amenizado polo grupo musical os sserandeiros, o domingo remataba esta feir acon xantar popular, campeonato de chave e obradoiros.