Doctor Xosé Dobarro: Guerra mundial contra o covid19. Todos somos soldados

Este é o comunicado do Doctor Xosé Dobarro

Quixera transmitirlle a toda a veciñanza das Comarcas de O Carballiño e do Deza, onde eu habito, o son do canto dos paxaros que escoito dende a nosa terraza, cando son as 5 da mañá do segundo día da primavera do 2020. Hoxe non durmín nada.

AVANTAR ACTIVIDADES

Conseguín librarme do servizo militar cando tiña 24 anos, pero agora, xa preto da xubilación, o compañeiro enfermeiro Daniel, mandou ao grupo de Whatsapp equipo sanitario de Beariz, a noticia de que probablemente nos próximos días, a guerra que estabamos iniciando para defender o Concello de Beariz dun inimigo invisible non vai contar coa nosa presencia física. Chamárannos para outro nivel de frente de guerra que se libra no Carballiño. Aínda estando eu de días libres, tiñamos todo preparado a nivel local (reunión co alcalde, organización de consultas, Residencia de maiores, farmacia, programación de grupos de comunicación con auxiliares de axuda a domicilio, coidadoras/es, emigración), todo listo para defender Beariz do inimigo letal que avanza de xeito alarmante cada día. Agardamos ter uns días máis en Beariz para preparar os soldados que quedan a cargo daquel concello que tanto queremos e que con tanto gusto traballamos  nel  para mellorar a súa saúde. Posiblemente peche o Centro de Saúde para centrar o persoal sanitario por quendas no Carballiño. Axudaráselle en todo o que precisen.


Estamos de acordo coas autoridades sanitarias que para prestar servizo nesta guerra contra o CORONAVIRUS, OS QUE ESTAMOS NO FRENTE TEMOS QUE PASAR CORENTENAS PERIÓDICAS PARA DAR UN MÍNIMO DE GARANTÍAS DE NON INFECTARNOS E CONVERTERNOS EN SOLDADOS DO BANDO DO CORONAVIRUS CON RISCO DE ANULACIÓN ABSOLUTA DOS SERVIZOS SANITARIOS POR FALTA DE EFECTIVOS.
Son tempos de emerxencia, tempos de guerra. Hoxe seguro que hai moita xente que non durmiu polo perigo inminente e as preocupacións dun futuro incerto. Só queda aguantar na casa, e se non se dorme a unha hora, hase de durmir a outra!. As preocupacións de futuro non poden deixar de facernos resistentes. Temos que seguir instrucións e converternos nun soldado defendendo a nosa  propia casa. Dado a grao de altísima infetividade para non enfermar todos xuntos non queda outra que controlar os brotes nas próximas dúas semanas.

A diferencia doutras pandemias nesta contamos con servizos sanitarios Públicos para ir tratando os enfermos, se enfermamos pouco a pouco, mentres se van experimentando tratamentos ou sae unha vacina que sexa a solución definitiva universal. En Galicia, con baixa incidencia relativa de momento, podemos controlar os brotes se nos mantemos illados  con barreiras seguras, rastreo inmediato, e control do contorno de cada caso. Temos que ter en conta que posiblemente xa están infectadas máis de 1000 persoas en Galicia, aínda que os testados son 721 persoas. Os test, facilitarían enormemente o control dos brotes.


Estou de acordo que esta pandemia é Universal, pero tamén de territorios e cada un dos cales co  seu nivel de responsabilidade teñen  que intentar manter limpo o seu territorio: individuo, familia, comunidade, barrio, concello, provincia, autonomía, estado. Igual en todo o planeta. Se NON MANTEMOS AS BARREIRAS CON VIXILANCIA ESTRITA NOS PRÓXIMOS 3 MESES, MORRERÁN NA COMARCA DO CARBALLIÑO MÁIS DE 100O PERSOAS.

ÁNIMO CARBALLIÑO E DEZA
XOSÉ DOBARRO . MÉDICO DA UNIDADE DE ATENCIÓN PRIMARIA DE BEARIZ. MÁSTER EN EPIDEMIOLOXÍA INSTITUTO PEDRO KOURI. HABANA.CUBA