O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe á vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucionais que está a manter con todos os axentes representativos da sociedade ourensá, recibiu esta mañá á vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Esther de Blas.

Tratouse dunha primeira toma de contacto que serviu para que as dúas institucións ratificaran a súa alianza a prol do fornecemento da sede universitaria de Ourense, e permitiu facer visible o clima de bo entendemento e de máxima colaboración que existe entre a entidade universitaria e a Administración autonómica.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ámbolos dous intercambiaron opinións e actualizaron información tamén coa mirada posta en explorar futuras sinerxías para desenvolver a curto e medio prazo.