O concello de Ribadavia continúa ca programación das Festas do Portal

Hoxe, a partir das 22:00 horas, o concello de Ribadavia ofrece como actividade cultural un concerto a cargo do grupo Habana Felling, na Praza Maior. O sábado e o domingo acabarán as actividades de pequeno formato relacionadas ca celebración das festas patronais na honra da virxe do Portal. O sábado haberá batucada do grupo Latexo Percusión, ás 20:30 horas polas rúas de Ribadavia; ás 21:00 horas, Batalla de Gallos na Paraza Buxán.  O domingo haberá a actuación de Fiadeiro, ás 20:00 horas do Auditorio do Castelo e ás 21:30 horas, na Praza Maior, actuación do Trío de Tango “La Gata Flora”.