O Ribeiro mantén a situación de onte. Avión con cinco casos e Castrelo con catro positivos

No Ribeiro, a comarca presenta un total de 14 contaxios, mesma cifra ca onte. Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, con 5 casos activos, a mesma situación ca onte. Ribadavia presenta 2 casos activos, a mesma cifra ca onte. Castrelo de Miño mantén 4 casos activos e Beade presenta dous casos activos. Cortegada conta cun positivo dende fai unha semana. E Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Melón e Leiro están libres de covid.