Arranxo da pasarela de Leiro

Os traballos realizados na pasarela de Leiro finalizarón.

Os traballos consistirón na realización dunha limpeza para o seu posterior pintado e a substitución das pezas de ferro que están deterioradas. É a única destas características da provincia de Ourense. Construída nos anos 60 do século pasado baixo a dirección do enxeñeiro Anxo Mario Carreño, que foi conselleiro e está feita case na súa totalidade en ferro, salvo o chan que é de aluminio
A pasarela forma parte da contorna do paseo fluvial e o investimento neste caso ascende a 48.000 euros, co obxectivo de deixala nas mellores condicións para os próximos anos.
O Concello de Leiro destinou no último ano ao paseo fluvial do Avia ao redor dos 218.000 euros no seu acondicionamento, consolidación e dotación de servizos, que vén a sumar aos 300.000 investidos fai algo máis dun ano. En total, foron 518.000 euros, segundo explicaba o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández.

AVANTAR ACTIVIDADES