Marisol Díaz Mouteira recibe ao Director de zona de Naturgy

MARISOL DÍAZ MOUTEIRA RECIBE AO DIRECTOR DE ZONA DE UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN DE NATURGY  PARA FACER BALANCE DAS ACTUACIÓNS DA COMPAÑÍA ELÉCTRICA NA PROVINCIA OURENSÁ

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, reuniuse hoxe co director de zona norte Unión Fenosa Distribución (UFD) de Naturgy, Julio Gonzalo García, que viu acompañado do delegado de UFD na provincia, Emilio Castro Brito. Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que o Goberno autónomo e a compañía eléctrica están implicadas e analizaron liñas de cooperación para garantir a subministración eléctrica a tódolos ourensáns.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, Díaz Mouteira e Gonzalo García fixeron balance do pasado ano, no que a compañía eléctrica realizou actuacións na provincia ourensá que supuxeron un investimento de máis de 11 millóns de euros, que contribuíron a mellorar a calidade da subministración  de máis dun 20 % respecto ao ano anterior.