Ribeiro en Común denuncia que o Alcalde bloquea o Padroado Termal de Prexigueiro.

NOTA de RIBEIRO EN COMÚN

Recórdalle ao Concello a obriga de realizar melloras urxentes na Vila Termal de Prexigueiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro en Común denuncia o bloqueo do Padroado Termal por parte do Alcalde- Presidente, convocado só a comezos da lexislatura e que desde entón ignora todas as peticións realizadas.

Ademais, pide que o goberno cese no seu abandono de Prexigueiro e comece a actuar nesta parroquia xa que é un dos principais referentes termais da provincia.

O Alcalde como presidente do Padroado Termal de Prexigueiro non pode seguir por esta senda de desprezo e renuncia do noso potencial termal. Non pode pretender falar do potencial termal da provincia cando está na Deputación, mentres mantén abandonado o principal recurso termal do municipio.

Ribeiro en Común denuncia que o Alcalde está bloqueando as melloras urxentes que se deben realizar na Vila Termal de Prexigueiro, ao negarse a convocar a xuntanza do Padroado Termal.

Esta parroquia atopase totalmente abandonada por este goberno a pesar de ser un dos principais referentes termais da provincia.

Ribeiro en Común esixe a convocatoria do Padroado da Fundación Vila Termal de Prexigueiro para acometer melloras urxentes:

  • Reconstrución urxente dunha vía de acceso principal a Prexigueiro, que sufriu o seu derrube no mes de decembro e continúa no mesmo estado, cun agravante de perigosidade e

Este problema foi abordado en reiterados Plenos a iniciativa do noso grupo pero o goberno continúa ignorándoo. Nin o orzamento nin ningunha outra escusa serve, xa que hai dispoñible unha partida para arranxos de este tipo e por suposto o ofrecemento de todos os grupos para facilitar o seu arranxo. A única causa de que permaneza o víal sen arranxar corresponde á deixadez e despreocupación do goberno municipal.

  • Reforma da parte exterior das termas públicas, tal e como figura no contrato de explotación das Termas a cargo da empresa concesionaria, e que o actual Alcalde tamén se nega a cumprir.

Ribeiro en Común continúa reclamando a mellora de toda a zona das termas exteriores situadas na ribeira do río Cerves. O noso grupo reclamou tamén un encontro con representantes da empresa concesionaria a comezo da lexislatura e sen embargo o Alcalde-Presidente negase a convocala.

Ribeiro en Común defende a colaboración da empresa termal e o Concello para actuar en beneficio da mellora da Vila Termal de Prexigueiro así como de todo o pobo. Pero estas accións deben aprobarse no seo do Padroado que o Alcalde se nega a convocar. De non facelo en tempo e forma segundo a normativa o noso grupo verase obrigado a adoptar medidas legais.