Aumenta en tres novos contaxiados o foco de coronavirus en Ribadavia

AUMENTA EN TRES NOVOS CONTAXIADOS O FOCO DE CORONAVIRUS DO CONCELLO DE RIBADAVIA

E xa son 11, todas estas persoas están en cuarentena e con todos os protocolos de seguridade activados.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello insiste en lembrar a toda a cidadanía que é necesario respectar as medidas de confinamento, xa que só cumprindo rigorosamente con estas medidas conseguiremos frear o avance do COVID-19.

Lembran que de non facelo conlevará sancións administrativas importantes. Hoxe continuaron cos traballos de desinfección mecanizada nas localidades de Prexigueiro, Francelos, Ribadavia e A Franqueirán, levadas a cabo por o grupo municipal de emerxencias

Grazas á colaboración do CEIP Plurilingüe de Ribadavia o concello iniciou o reparto con persoal de Emerxencias Ribadavia e voluntariado de Protección Civil, dos lotes de libros e material escolar (entre 150 e 200) para o seu alumnado, para que poidan facer as súas tarefas e continuar co curso.

Tamén xa está en funcionamento o servizo de impresión e entrega a domicilio de apuntamentos para os estudantes que o precisen. Se o necesitades, só hay que remitir un email coa documentación, teléfono e aderezo a: casacultura@ribadavia.es.

VIDEO

ENTRE O PERSOAL ESENCIAL QUE SEGUE A TRABALLAR DURANTE ESTE ESTADO DE ALARMA E EMERXENCIA SANITARIA, ESTÁN OS VOLUNTARIO DE PROTECCIÓN CIVIL.

Veciños que fan un traballo desinteresado e que hoxe mais que nunca se fai moi visible. Por exemplo, son os encargados de levar alimentos e medicinas aos maiores que o necesiten. Estivemos con Diego Ibáñez, voluntario de protección civil do Carballiño e explicounos o traballo que están facendo.