Espazo Común presenta 35 alegacións ao orzamento de amiguismo e a pandeireta de Fumega

IES CHAMOSO LAMAS

ESPAZO COMÚN PRESENTA 35 ALEGACIÓNS AO ORZAMENTO  DO AMIGUISMO E A PANDEIRETA PROPOSTO POLO ALCALDE FUMEGA PARA O 2020

A proposta inclúe a modificación de 35 partidas cunha reducción no desmesurado capítulo de Festexos e o conseguinte aumento nas partidas de Servizos Sociais e Inversións, máis necesarias ca nunca na situación actual.

OZOCOgz Deseño Galego

A pesares dos anuncios feitos públicos polo goberno, non fomos convocados a ningunha reunión para chegar a acordos a este respecto polo que presentamos propostas que consideramos que melloran considerablemente as contas.     

       

No pleno de aprobación inicial dos Orzamentos Municipais do Carballiño para o ano 2020 celebrado o pasado día 10 de marzo, dende o Grupo Municipal de Espazo Común, xa denunciamos que a proposta presentada polo goberno de Fumega nos parecía de todo punto inaceptable.

Pretender gastar 230.000 € en festexos e destinar tan só 275.000 € a inversión real, xa dá conta das prioridades que tén agora mesmo o Concello do Carballiño.

Deixar nas partidas de Servizos Socias, máis alá do gasto xa comprometido en servizos privatizados, persoal e actuacións, 5.900 € para todo o ano, resulta tamén moi esclarecedor do desastroso do proxecto defendido polo goberno socialista.

Se tan absurdo plantexamento xa era indefendible daquela, hoxe por hoxe, coa situación á que nos levou a pandemia do COVID-19 xa resulta totalmente imposible de defender.

Son infinitas as causas que se poderían poñer enriba da mesa para defender este argumento pero debera ser suficiente con esgrimir que o que toca é antepoñer a garantía e protección das necesidades básicas dos moitos cidadáns que se van ver afectados dun xeito ou doutro.

Polo tanto, a proposta feita por Espazo Común incide na necesidade de reforzar as seguintes partidas, destacando as seguintes iniciativas :

  1. Subvención de 5.000 € á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Queda claramente demostrado no contexto que estamos a vivir a necesidade de contar con este servizo e a obriga de darlle facilidades para a súa continuidade, ao contrario do que se pretendía facer.
  2. Suba da subvención do Centro Comercial Aberto dos 6.2000 aos 25.000 €. Se a partida inicialmente aprobada xa era ridícula, a necesidade de darlle osíxeno ao comercio local fai imprescindible este incremento.
  3. Subvención de 5.000 € a ASDIFICA que por algunha razón aínda non explicada, quedaba fóra das axudas concedidas inicialmente polo goberno.
  4. Incremento considerable das partidas para Servizos Sociais, Emprego e Inversións (con especial atención ao rural).

Tódalas propostas incluídas nestas alegacións buscan melloras que agardamos se vexan considerablemente reforzadas coa aprobación da proposta que estamos a piques de rematar do Plan O Carballiño CON-VIDA 20.

Asemade, traballamos xa nunha serie de propostas que serán rexistradas coma modificacións do orzamento para que o sobrante do capítulo 1 que se achega aos 500.000 € se empregue de xeito que beneficie aos máis perxudicados pola crise actual.

Cambios nas partidas aprobadas inicialmente.

 

Dende o Grupo Municipal de Espazo Común no Concello do Carballiño en base ao disposto no artigo 17 do TRLFL aprobado polo R.D.Lexislativo 2/2004 do 5 de Marzo e no artigo 49 da Lei 7/85  Reguladora de Bases de Réxime Local, polo que o expediente de Orzamentos Municipais para o ano 2020 require para a súa tramitación a exposición pública das mesmas durante 15 días no B.O.P. para que se poidan interpor as reclamacións ás mesmas que así se consideren; efectivamente e en dereito, solicitamos se teñan en conta as seguintes ALEGACIÓNS ao mencionado expediente levado a Pleno o 10 de marzo de 2020.

  O pasado mes de marzo, foron aprobados inicialmente en sesión plenaria os Orzamentos Municipais para o Concello do Carballiño para o exercizo 2020.

  Dende o Grupo Municipal de Espazo Común, xa amosamos a nosa disconformidade cunha proposta que deixaba moitas lagoas en máteria de protección social e en inversión para centrarse en subvencións a dedo e festas e fanfarrias.

  Tendo en conta os cambios que se produciron no mundo no que vivimos nas últimas semanas, estes argumentos adquiren máis vixencia aínda pois faise máis obrigado ca nunca, garantir a protección de pequenas empresas e familias para que ao rematar a crise do COVID-19, O Carballiño poida ter opcións reais de pelexar por saír adiante.

   É por todo o antedito que propoñemos os seguintes cambios nas partidas aprobadas inicialmente.

En resumo, a reducción das partidas de estudos e traballos técnicos, habitualmente un caixón desastre que se emprega para outras cousas; das partidas de festexos e administración xeral e todo elo, co obxectivo de reforzar económicamente as partidas de inversións e a área de Servizos Sociais que no contexto actual vai ser aínda máis necesaria.

Son, en total, 35 alegacións. No primeiro cadro, aparecen as partidas que solicitamos sexan reducidas e no segundo as partidas ás que solicitamos se deriven eses fondos.

Ambas son coincidentes para non alterar o equilibro entre as partidas de gastos e ingresos.