Formación telemática para os participantes no Coworking Celanova – A Limia

A quinta edición do espazo coworking de Celanova-A Limia, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), continúa a desenvolver a súa actividade no actual contexto de confinamento activado pola emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19. Así, as 20 iniciativas de emprendemento que se están a acelerar para a súa próxima posta en marcha continúan a recibir formación, asesoramento e titoría á medida das súas necesidades de xeito telemático.
Na edición actual da aceleradora con sede en Celanova, que comezou o pasado mes de
febreiro, participan 21 emprendedores, 11 mulleres e 10 homes, con novas iniciativas
empresariais que abranguen sectores produtivos variados como a agroalimentación, a
artesanía sostible e a revalorización dos recursos do territorio; a moda especializada; e os
servizos culturais, deportivos e de lecer, entre outros.
Nas catro edicións anteriores deste espazo coworking recibiron formación e asesoramento
un total de 109 emprendedores para desenvolver 101 iniciativas empresariais, das que máis
da metade -57- están xa en funcionamento, con 76 postos de traballo asociados.
O resto de espazos da rede impulsada pola Xunta, que nesta edición conta con tres novas
aceleradoras, tamén continúa as súas actividades de xeito telemático. Os novos espazos
abertos nesta convocatoria son o do Ribeiro, situado no concello ourensán de Cenlle, que
promove a agroalimentación, o turismo rural e a economía circular; a aceleradora de Palas
de Rei (Lugo), que se centra no Camiño de Santiago para fomentar o emprendemento na
ruta xacobea; e o espazo do Morrazo, que iniciou a súa primeira edición na sede de Moaña
o pasado 26 de febreiro.
Estas novas aceleradoras súmanse ás xa en funcionamento en edicións anteriores, abertas
na Mariña luguesa (con sede en Mondoñedo); a Ribeira Sacra (en Monforte de Lemos);
A Costa da Morte (Cabana de Bergantiños); Santiago de Compostela; e Ferrolterra (con
sede en Ferrol), O Salnés (Vilanova de Arousa); ademais da de Celanova-Terras da Limia.
A rede de espazos coworking promovida pola Xunta a través do Igape e a EOI forma parte
da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a
Administración autonómica e que leva impulsados máis de 1000 iniciativas de

AVANTAR ACTIVIDADES