Comezaron os test de coronavirus no Carballiño

O SERGAS COMEZA HOXE UN ESTUDO EN DÚAS ONDAS PARA COÑECER CON PRECISIÓN A DIMENSIÓN DO MAPA EPIDEMIOLÓXICO GALEGO DO COVID-19

Sanidade realizará mais de 100.000 test neste estudo que se fará en dúas fases. O Instituto Galego de Estadística encargouse de elaborar unha mostra representativa da comunidade galega.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este análise, a Consellería de Sanidade estimará a prevalencia da inmunidade fronte o COVID-19, obterá información importante para adoptar as medidas sanitarias e de confinamento mais idóneas, poderá programar o regreso á normalidade e anticiparse ante a posibilidade de novos contaxios.

Na comarca do Carballiño faráse esta proba voluntaria a 675 persoas e na do Ribeiro a 377. A citación as probas comezou onte mediante chamada telefónica. Nas cabeceiras comarcais, no Carballiño e Ribadavia comezaron hoxe cos tests e no resto dos concellos comezarase a semana que ven. Xunto ó ambulatorio do Carballiño instalouse hoxe a primeira hora do día unha carpa para realizar os tests e no mesmo día coñeceránse os resultados.