Normas do IES Nº 1 a partir do luns 25

IES CHAMOSO LAMAS

Tras a publicación da Resolución do 22.05.2020 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria co ptrotocolo a seguir para o retorno ás aulas nos centros educativos non universitarios, publicado na web da Consellería ás 18:00 h, tras a súa negociación na mesa sectorial docente do 21.05.2020, do que estábamos á espera, a dirección do IES Nº 1 procedeu a publicar na súa páxina web e ao envío ás familias e ao alumnado do calendario final e das medidas de protección e hixiene que se desenvolverán no centro a partires do luns 25 de maio e até o remate do curso académico 2019/2020.


En cumprimento coa Orde da Consellería do 22.05.2020, no seu punto 2.1.2, para garantir o mellor cumprimento das medidas de seguridade tanto do alumnado que regrese ás aulas como do resto do colectivo educativo, decidiuse establecer todas as sesións presenciais nas primeiras horas da mañá, co fin de que o persoal de limpeza dispoña do tempo suficiente para a correcta desinfección das instalacións do centro dun día para outro, así como para poder efectuar as probas de avaliación online que se deberán levar a cabo, ante as instrucción recibidas da Consellería da non realización de exames presenciais, e atender ao resto do alumnado doutros niveis académicos, mantendo así a liña de atención e as medidas adoptadas desde a suspensión das clases presenciais no pasado mes de marzo, debido ao decreto do estado de alarma.

OZOCOgz Deseño Galego


Desde o primeiro momento, todo o profesorado do IES Nº 1 traballa co único fin de ofrecer ao alumnado a mellor atención e as medidas que considera máis axeitadas para o noso alumnado, tendo en conta sempre as dificultades e as situación específicas e individuais na que se pode atopar parte do noso alumnado, tentando con elo disminuir na medida das nosas podsibilidades a fenda que poda existir entre os alumnos/as ao acceso aos recursos educativos que se están a empregar nestes momentos. Por esta razón, estimouse necesario non priorizar as clases presenciais e online como medio de atención ao nos alumnado e manter outras fórmulas telemáticas para desenvolver a nosa actividade docente.