DENDE O 12 DE MAIO QUE SE APROBOU A ORDENANZA DE EMERXENCIA SOCIAL EN PLENO, AÍNDA NON FOI ENVIADA AO BOP PARA A SÚA PUBLICACIÓN E ENTRADA EN VIGOR.
O GOBERNO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO SEGUE SIN DARLLE IMPORTANCIA A CRISE DO CORONAVIRUS E ÁS NECESIDADES DOS VECIÑOS, E PRETENDE SUPERAR TODOS OS REXISTROS DE INCOMPETENCIA NA TRAMITACIÓN DESTE EXPEDIENTE QUE SE FAI IMPRESCINDIBLE.
RESULTA CANTO MENOS REPROBABLE QUE NA AREA DE SERVIZOS SOCIAIS EXISTA UNHA CONCELLEIRA CON SOLDO, QUE LEVA PASANDO DESTA ORDENANZA DENDE XA HAI CASE UN ANO QUE ESTÁ NO CARGO.
Recordemos que, non sen tempo, foi aprobada definitivamente a ordenanza de emerxencia social no pleno do pasado 12 de maio do presente ano. Esta ordenanza segundo a súa Disposición final, entrará en vigor aos 15 días da publicación no Boletín Oficial da Provincia do acordo plenario de aprobación definitiva.
Pasados xa 13 días dende a súa aprobación en pleno, aínda non foi nin sequera enviado ao BOP o acordo de aprobación deste expediente. Isto é a enésima deixadez, que segue demostrando que esta ordenanza, pola razón que sexa, non é de interese do goberno socialista, nin sequera é de interese da concelleira delegada na materia, Dona Guadalupe Sobrado, que ten soldo para elo, pois senón ela mesma tería movido a súa tramitación dende que chegou ao cargo, xa hai agora case un ano, e incluso nestes días teríase molestado para que a publicación da ordenanza no BOP se fixera por vía de urxencia, pero nada de nada, e os feitos así o demostran.
Recordemos, que no mesmo pleno do 12 de maio, aprobáronse os orzamentos do 2020 e a súa modificación, e eses expedientes xa foron publicados o pasado 18 de maio, sendo que ese mesmo día xa se podía ter publicado esta ordenanza de emerxencia social.
A ordenanza de Emerxencia Social faise imprescindible sempre, pero aínda máis no momento actual, pois son moitas as familias que necesitan algunha das liñas de axudas que están previstas, polo que dende o Grupo Popular seguimos preocupados e esperamos, unha vez máis, que tras a nosa denuncia se poñan as pilas e que por fin se poida ter por rematada toda a tramitación desta ordenanza