Uhna exposición na praza maior abre o programa da asociación fotográfica O´Potiños pola iniciativa “pon unha foto na rúa 2020”

Dezaséis fotografías de gran tamaño, de personaxes do Carballiño, conforman a exposición que abre o programa organizado pola Asociación Fotográfica O´Potiños, en colaboración co concello, sobre a inciativa “Pon unha foto na rúa 2020”.

Os retratos, realizados por integrantes deste colectivo cultural carballiñés, e reproducidos en lonas, amósanse en catro expositores, que permanecerán instalados na Praza Maior durante esta semana.

AVANTAR ACTIVIDADES

O domingo, 28 de xuño, terá lugar, tamén na Praza Maior, unha nova edición de “Pon unha foto na rúa”, na que haberá máis fotografías expostas e un set para retratar a todas as persoas, grupos e familias que queiran deixarse fotografar polos integrantes de O´Potiños.