A Casa da Cultura de Ribadavia acolle unha exposición sobre o cambio climático

Ata o 5 de outubro na Casa da Cultura estará exposta unha exposición titulada “Ou noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático” que o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) cedeunos ao Concello de Ribadavia para o seu a súa mostra pública.

A idea base que fundamenta a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” é a de sensibilizar e fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar contra os efectos do cambio climático.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os obxectivos desta exposición son os seguintes:

  • Favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático a través da información, o autoconvencemento e a sensibilización.
  • Promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais que poidan derivar na mitigación do cambio climático no ámbito persoal.
  • Concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución: valorar a importancia e repercusións de todas aquelas actuacións que dende os diferentes ámbitos poden desenvolverse para mitigar os efectos do cambio climático.
  • Sensibilizar aos participantes de que teñen un papel fundamental no efecto multiplicador da difusión das actitudes e valores abordados, no seu entorno máis próximo (familia, redes sociais, etc…).