O concello cancela a feira do día 31 polas restricións sanitarias

Consonte ás medidas que están vixentes, e co fin de reforzar a prevención e restrinxir ao máximo a mobilidade entre municipios, o alcalde ven de publicar un decreto suspendendo a celebración da próxima feira do 31 de outubro. Trátase dunha das feiras máis importantes do ano a nivel de vendas e a nivel de afluencia, ademais coincidindo ca véspera da celebración do Día de Tódolos Santos.

A pesar da importancia económica deste evento, os comerciantes acatan as normas, aínda que economicamente supón un forte impacto, sobre todo nas datas na que nos atopamos.

AVANTAR ACTIVIDADES