Galicia segue cos novos contaxios á alza, aínda que mantén controlada a presión hospitalaria

A comunidade galega rexistra hoxe 156 contaxios novos, unha cifra que presenta un ascenso con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.377, unha cifra que ascende en preto de 70 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 11 (-1) están en UCI, 35 (+2) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un ascenso leve. A provincia rexistra hoxe 9 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 4 persoa con respecto a onte, ata os 150 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa estabilidade. Contamos con 3 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES