Circula en sentido contrario pola autovía verín-fronteira portuguesa

A garda civil, toma declaración en calidade de investigado a un condutor que circulou en sentido contrario pola autovía verín-fronteira portuguesa.

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, xunto cunha patrulla do Posto de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Verín, interceptaron na mañá do mércores na autovía A-75, á altura do km 2, do termo municipal de Verín, a un vehículo que circulaba en sentido a Verín polos carrís reservados ao sentido Portugal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sobre a 10:30 horas, a central operativa COTA avisaba da circulación dun vehículo que circulaba en sentido contrario, pola zona de Verín. Activado o protocolo establecido para o efecto, os Gardas Civís lograban a interceptación do mesmo preto da saída de Verín. O condutor, un home de 70 anos domiciliado en Baltar (Ourense), manifestou non acordarse do lugar concreto no que accedera á autovía, polo que non se pode determinar o espazo que percorreu e dado que o resultado da proba de alcoholemia foi negativo, propúxoselle para unha revisión extraordinaria pola posible perda de condicións psicofísicas que lle impidan conducir.

A escaseza de circulación ás devanditas horas e a rápida actuación dos Gardas Civís lograron eliminar as nefastas consecuencias que a perigosa conduta puido orixinar. O condutor poderíase enfrontar a penas de prisión dun a dous anos, multa de seis a doce meses e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores de seis a dez anos.