O Camiño de Nós hai 95 anos. Xornada do 24 de xullo na Insua dos Poetas

Xxornada de lembranza e exaltación da viaxe a pé que realizaron, entre Ourense e Santiago, sete galeguistas da Irmandade Nazonalista d’Ourense,  no verán de 1926 ( Ano Santo Compostelán).

O sábado 24, ás 12,00hs, na Insua dos Poetas ( A Esgueva, Madarnás, O Carballiño) celebraremos o 95 aniversario daquela peregrinaxe na que tomaron parte Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López-Cuevillas, Xavier Pardo, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez.

AVANTAR ACTIVIDADES

Rematada a primeira etapa do seu itinerario no Carballiño, os ilustres peregrinos pernoctan no Hotel Carlos da vila do Arenteiro. Precisamente esa é a situación que Rosa Puga Dávila ( actriz e directora de teatro) e Luís González Tosar ( escritor) escolleron para representar, cun elenco de trece actores.

Esta recreación teatral presenta a particularidade de ser representada nun lugar polo que pasaron os camiñantes ó comezo da segunda etapa, moi preto da Ponte do Eixán ( que vadea o río Pedriña) límite entre os concellos do Carballiño e do Irixo.

O guión da obra está baseado nas crónicas da viaxe que Xavier Pardo publicou no periódico das Irmandades da Fala, A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927.

Estas crónicas, acompañadas doutras testemuñas documentais e de fotografías ilustrativas, reuníronse no libro titulado O Camiño de Nós, editado por Luís González Tosar en xullo de 2020 e patrocinado pola Deputación de Ourense.

Esta actividade , que terá lugar no víspora do 25 de xullo, festividade do Apóstolo e  Día de Galicia de 2021 ( Ano Santo Xacobeo que se extenderá ó 2022), é unha iniciativa da Fundación Insua dos Poetas e da Asociación de Concellos do Camiño de Nós, presidida por Manuel Cerdeira, alcalde do Irixo, e conta co apoio da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia.

A entrada é libre. Os interesados en participar no Xantar teñen ó seu dispor os tickets no Café Restaurante Rei de Copas e no Concello do Irixo.

 “REPRESENTACIÓN TEATRALIZADA DA PRIMEIRA ETAPA DA VIAXE A PÉ REALIZADA NO VERÁN DE 1926”

O 24 de xullo cúmprense 95 anos da viaxe a pé que fixeron, en 1926, Ano Santo, dende Ourense a Santiago, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xavier Pardo, Lois Feixóo , Antón Sánchez, Afonso V. Monxardín e Florentino López Cuevillas.

Seguiron o itinerario marcado na Carta Xeográfica de Galicia de Domingo Fontán ( 1845) que atravesa os seguintes concellos: Ourense, Amoeiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, ,Vedra, Boqueixón e Santiago de Compostela. Total: 105 km

As crónicas desa peregrinación dos galeguistas ourensáns, todos iles membros da Xeración Nós, foron publicadas no semanario A Nosa Terra, por Xavier Pardo Bedia, en oito entregas, dende o 25 de xullo de 1926 ata o 1 de abril de 1927.

Para a posta en escea da  recreación teatralizada de Camiño de Nós, realizada por Rosa Puga Davila (que é a directora da obra e de todo o elenco artístico) e Luís González Tosar, tomouse como base a devandita publicación.

A recreación conta a primeira etapa desta xesta, cando saen dende Ourense ata que chegan a Ponte do Eixan (límite entre o concello do Carballiño e o concello do Irixo), contando as experiencias que sofren na xornada.

Elenco artístico:

-Lois Feixóo: Xosé Manuel Esperante

-Vicente Risco: Carlos Sante

-Otero Pedrayo: Alberto Rodríguez

-Antón Sánchez: Antonio Puga

-Xavier Pardo: Santi Cuquejo

-Xornalita: Fran Lareu

-Maria: Rosa Puga Davila

-Criada 1: Ana Rodríguez

-Criada 2: Vera Riveiro

-Garda Civil 1: Pablo Pérez

-Garda Civil 2: Pablo Rodríguez

-Arrieiro 1: Alberto Gómez

-Arrieiro 2: Anxo Rodríguez

A Garda Civil irán a cabalo e os arrieiros acompañados coas súas mulas e os pelexos do viño.