A candidatura encabezada por Paco Fumega imponse a de Noela Blanco no proceso de elección de delegad@s ao 40º Congreso federal do Psoe

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou hoxe a xornada de votación entre a militancia en 22 centros repartidos por toda a provincia, para a elección da lista de delegados e delegadas para o 40 Congreso Federal do PSOE, que se celebrará en Valencia os próximos días 15, 16 e 17 de outubro. Os resultados provisionais acadados polas dúas candidaturas rexistradas son os seguintes:

Candidatura encabezada por Francisco Fumega: 548

AVANTAR ACTIVIDADES

Candidatura encabezada por Noela Blanco: 369

Votos en branco: 6

Votos nulos: 5

Votos emitidos: 928

A lista de delegados e delegadas pola provincia de Ourense será a seguinte:

1. Francisco Fumega

2. Sara Inés Vega

3. Rafael Rodríguez

4. Uxía Tizón

5. Eduardo Ojea

1. Noela Blanco

2. Jose Antonio Nóvoa

3. Natalia González

Os resultados por centros de votación foron os seguintes:

 C. Francisco FumegaC. Noela  BlancoVotos en bracoVotos nulos
Ourense22619514
Comarca Ourense29221 
Amoeiro2211 
Bande28  
Barbadás158  
O Barco1592 
Carballeda de Avia111  
O Carballiño656  
Castrelo do Val111  
Castro Caldelas127  
Celanova2821 
Entrimo174  
Xinzo185  
Muíños57  
Trives53  
Ribadavia2229  
Riós247  
A Rúa64  
Verín308  
Viana do Bolo06  
Vilamartín de Valdeorras19  
Vilardevós47

A CANDIDATURA DE FRANCISCO FUMEGA DESTACA A SÚA “HOLGADA VICTORIA” NO PROCESO DE ELECCIÓN DE DELEGADOS E DELEGADAS AO CONGRESO FEDERAL E CHAMA “Á UNIDADE” DO PARTIDO

A candidatura salientou “un holgado trunfo por máis de 200 votos” no conxunto da provincia e os “excelentes resultados” na agrupación municipal da cidade “cun 10 % máis que a outra lista rexistrada”

“Estamos no mesmo barco, veñen procesos intensos para o partido e deses procesos dependerá que poidamos gobernar esta provincia e a maioría dos seus concellos”, aseverou Francisco Fumega

A candidatura encabezada por Francisco Fumega vén de destacar a súa “ampla victoria” no proceso de elección de delegados e delegadas para o Congreso Federal do PSOE, que se celebrará en Valencia os días 15, 16 e 17 de outubro, tras lograr “un holgado trunfo por máis de 200 votos”. A candidatura, que chamou “á unidade de todo o partido” logo deste proceso democrático, salientou a “alta participación” e os “excelentes resultados” acadados nas comarcas, “gañando amplamente en todas sen excepción”. Tamén celebrou os “excelentes resultados” na agrupación municipal da cidade “cun 10 % máis que a outra lista rexistrada”.

Ao final da xornada, desde a sede provincial do PSdeG-PSOE, Fumega quixo “darlle as grazas ao conxunto dos militantes, votáranme ou non” e tamén “as grazas ás persoas que estiveron traballando nas mesas”. “Dicir que este proceso é para unirnos, somos compañeiros e vamos remar todos os militantes na mesma liña, porque da unión dos militantes que conforman este partido con 120 anos de historia, vai saír a posibilidade de acadar resultados que ó final perseguen, na miña concepción, mellorar a calidade de vida da xente”, proclamou.

Así mesmo, o candidato e alcalde do Carballiño salientou que “o resultado está claro, non hai moito que discutir, é un 60/40” e a continuación engadiu que “estamos no mesmo barco, veñen procesos intensos para o partido e deses procesos dependerá que poidamos gobernar esta provincia e a maioría dos seus concellos”. “Esa é a conclusión que debemos sacar hoxe, temos un partido marabilloso, con militantes marabillosos que teñen a liberdade de escoller as opcións que queren, algo que non pasa noutros partidos”, concluíu entre as felicitacións e loubanzas dos e das militantes Partido Socialista que alí se encontraban.