O concello de Boborás, dentro do programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, en colaboración ca Xunta de Galicia, organiza unha nova edición do seu curso de elaboración de xabóns naturais.
Neste caso, terá lugar mañá xoves, día 7 de outubro, e tamén o próximo xoves, día 14, no local social da Almuzara, ás 17:00 horas.
É preciso inscrición previa no teléfono do concello, xa que as prazas son limitadas para poder cumprir cas normativas sanitarias actuais.
VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV
