A Xunta inviste preto de 35.000 euros na mellora enerxética do Museo do Viño e na reparación da cuberta da casa do concello da Teixeira

O delegado territorial da Xunta comprobou esta mañá o remate das obras

Gabriel Alén puxo en valor as puxo en valor os recentes investimentos da Xunta no concello como os da Consellería do Medio Rural de 30.096 euros dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas

AVANTAR ACTIVIDADES

– O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá Á Teixeira para comprobar, en compañía do alcalde Miguel Antonio Cid, o remate das dúas actuacións que se desenvolveron para mellorar a eficiencia enerxética do edificio do Museo do Viño, e a reparación da cuberta da Casa do Concello, ás que a Xunta destinou case 35.000 euros.

Na Casa do Concello as obras consistiron na retirada da tella curva existente, así como dos canalóns, que se substituíron por tella mixta sobre restreles de madeira verticais e horizontais, que evitan as filtracións actuais de auga.

No Museo do Viño as actuacións que se desenvolveron atinxen ao cambio da carpintería exterior de alumino por outras de aluminio lacado con dobre acristalamento e persianas nas ventás de maior tamaño, co obxecto de mellorar a eficiencia enerxética o edificio. O acristalamento ten vidro de seguridade pola cara interior

O delegado territorial puxo en valor os recentes investimentos da Xunta no concello como os da Consellería do Medio Rural de 30.096 euros dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas; as de Presidencia, Xustiza e Turismo de 12.349 euros para o mantemento das rutas de BTT e de sendeirismo compartida co concello de Parada de Sil, e a de 34.963 euros para diferentes intervencións en edificacións municipais; e a da Consellería de Emprego e Igualdade, de preto de 21.000 euros dentro do programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar.