Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

A Comisión Europea, no ano 2015, aproba o Plan de Acción en materia de Economía circular, e posteriormente, no ano 2018, a Directiva pola que se modifica o Directiva Marco de Residuos do ano 1998. A nova Directiva fixa os obxectivos de xestión para todos os países de Unión Europea e as datas límite para conseguilos, como se recolle no seguinte cadro:

AVANTAR ACTIVIDADES
OBXECTIVOS NA GESTIÓN DE RESIDUOSDATA LÍMITE
Recollida separada de biorresiduos de orixen domésticoantes do 30 de xuño de 2022
Recollida separada de téxtiles, aceites de cociña usados, residuos domésticos perigosos e residuos voluminososantes do ano 2025
55% dos residuos municipais deben ser preparados para o recicladopara o ano 2025
Cantidade máxima de residuos municipais depositados en vertedoiros non deberá superar el 10%para o ano 2035

O pasado día 9 de abril, o «Boletín Oficial do Estado» recolleu a nova Lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular, mediante a cal se incorpora ao noso ordenamento xurídico a Directiva aprobada pola Comisión Europea en 2018.

Entre as novidades incluídas, atópase a definición de «Economía circular» como “o sistema económico no que o valor dos produtos, materiais e demais recursos da economía dura o maior tempo posible, potenciando o seu uso eficiente na produción e o consumo, reducindo deste xeito o impacto ambiental do seu uso, e reducindo ao mínimo os residuos e a liberación de substancias perigosas en todasas fases do ciclo de vida, no seu caso mediante a aplicación da xerarquía de residuos”.

Este concepto, que na linguaxe técnica parece moi innovador, poida que non o sexa tanto. Se o analizamos detidamente poida que cheguemos á conclusión de que este sistema económico xa estaba culturalmente moi enraizado na sociedade rural de Galicia, dende hai moito tempo, e tamén de que foi practicado ata tempos relativamente recentes.

Simplemente remontándonos á época dos nosos avós, ou incluso só á dos nosos país, poderiamos comprobar que o sistema produtivo de autosuficiencia familiar imperante por aquel entón non difire moito do que hoxe se chama economía circular.

O sistema económico da sociedade rural dos nosos avós baseábase principalmente na utilización de procesos nos que primaba que o valor dos produtos (…) e demais recursos (…) durase o maior tempo posible (…) reducindo ao mínimo os residuos; e no caso de que estes tivesen lugar, mediante a aplicación da xerarquía de residuos, eran reutilizados ou maioritariamente incorporados ao proceso produtivo baixo a forma de alimento (cría de aves e gando, -a lavadura-), enerxía (combustíbel para os fogares) ou fertilizante (esterco compostado nas cortes).

Era un sistema no que os principios de economía circular xogaban un papel protagonista no seu xieto de vida. Hoxe perséguense os mesmos obxectivos, en canto á presenza dá reutilización e o reciclaxe nos hábitos cotians de vida, pero aplicados à sociedade actual.

Por outra banda, a nova Lei recolle que “corresponde ás entidades locais (…) a) Como servizo obrigatorio, en todo o seu ámbito territorial, a recollida, o transporte e o tratamento dos residuos domésticos (…).”

Borriana instala un servicio piloto de 100 contenedores marrones de  reciclaje orgánico - CastellonplazaEntre os residuos domésticos atoparíanse os biorresiduos, que tamén son coñecidos popularmente como “a orgánica”. Este tipo de residuo aparece de forma maioritaria na sociedade galega coa progresiva urbanización cultural do medio rural e á consecuente interiorización masiva das prácticas e os hábitos de consumo urbanos, nos que predomina a compra nos supermercados de produtos xa elaborados.

Tendo en conta que a nova normativa de residuos asume os prazos establecidos na Directiva da Comisión Europea de 2018, os concellos de mais de 5.000 habitantes teñen a obriga de instalar nas súas rúas, antes de finalizar o próximo mes de xuño, contedores de cor castaño que facilite aos veciños a deposición “da orgánica” nos mesmos, así como, de proceder a continuación á súa recollida, transporte e adecuada xestión en plantas de compostaxe.

Para rematar, cabe sinalar que unha boa parte das cidades españolas xa se dotaron das infraestruturas necesarias para levar a cabo a xestión “da orgánica” e puxeron en funcionamento a súa recollida separada do resto de residuos e outras están en fase moi adiantada.

CONTIDO DO CONTEDOR CASTAÑO ( O DA ORGÁNICA)

QUE SE BOTAERROS MAIS COMÚNS
Restos de alimentos como peles de patacas ou froitas, espiñas de peixe, plantas, cascases de ovo, pousos de café ou de infusións, ou panos de mesa e papel de cociña.Os restos non orgánicos como obxectos de cerámica, cueiros, cabichas, chicles, toalliñas húmidas, area para mascotas, pelo, po, etc.
Fonte: Ecoembes

En Galicia, quizais polo seu particular sistema de xestión dos residuos domiciliarios, baseado fundamentalmente na súa incineración nas instalacións de Sogama, esta obriga atópase moi atrasada e parece difícil que se poida dar cobertura a este servizo na data estipulada.

Con todo, dentro deste panorama pouco alentador hai que destacar unha excepción: o Plan Revitaliza, iniciado pola Deputación de Pontevedra no ano 2015. Nestes momentos, dos 61 concellos que ten a provincia, o Plan conta con 47 concellos adheridos, en diferentes fases de desenvolvemento. Nove deles, xa contan co seu propio plan e están a traballar para implantar a compostaxe como modelo de xestión de lixo en todo o seu territorio. O resto dos municipios adheridos contan con centros de compostaxe comunitaria e composteiros individuais ou están en proceso de instalación.


Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano