A Reportaxe: Presentacion de Aira Editorial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O serán chuvioso do venres non foi impedimento para que o salón de Casa Gazpara, adaptado para o acto, se enchera de público na presentación oficial no Carballiño de Aira Editorial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Da man da marca carballiñesa OZOCOgz, Cesar Lorenzo, un dos artífices da editora, contou como xurdiu a idea de Aira Editorial, como foi o nacemento da mesma e a súa traxectoria até o momento. Acompañando ao editor estiveron Gabriel Álvarez, carballiñés tradutor para esta empresa de «Unha noite no tren da Vía Láctea», do xaponés Kenji Miyazawa; e Maite Jiménez, quen traduciu ao galego o, xa clásico, «O nome da Rosa”, do italiano Umberto Eco.

Ámbolos dous contaron como é o proceso e dificultades que xorden durante a tradución de determinadas obras, ao tempo que subliñaron a importancia que para o galego ten podermos acceder a obras da literatura universal sen vernos na obriga de facelo a través do castelán.

No acto, as e os asistentes, puideron ver unha mostra de libros publicados por Aira Editorial, unha editora que aposta polo libro de calidade con publicacións moi coidadas e que, como eles mesmos nos din, “que namoren desde a capa até a derradeira liña”.