Ribeiro en Común reclama a nova pista do Pavillón de Ribadavia nos Orzamentos da Deputación.

Recentemente a Deputación elaborou os seus Orzamentos 2023, e de novo comprobamos con decepción e indignación que volve excluír ao Pavillón de Ribadavia e esta mellora tan necesaria nun dos pavillóns con maior actividade da provincia.

Os orzamentos da Deputación están en período de exposición pública e de alegacións, e desde Ribeiro en Común realizaranse varias reclamacións para Ribadavia, entre elas na área deportiva.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por este motivo, desde Ribeiro en Común retomamos esta reivindicación que consideramos xusta e necesaria para Ribadavia. No Consello Municipal de Deportes de Ribadavia celebrado no día de onte, luns, desde o noso grupo volveu reclamarse que a Deputación colabore no cambio da pista central do Pavillón.

A instalación dun novo pavimento na pista central do Pavillón foi apoiado pola maioría de clubes e entidades deportivas que subscribiron un Manifesto reclamando esta nova pista deportiva, e así foi aprobado tamén no Pleno Municipal de Ribadavia.

Por todo isto, desde Ribeiro en Común realizaremos varias reclamacións aos orzamentos da Deputación, que están en período de exposición pública e de alegacións, entre elas unha nova pista no Pavillón.

Así mesmo, tamén se lle presentará a todos os grupos municipais do Concello para que se apoie desde o Pleno Municipal dita petición que é xusta e necesaria para Ribadavia.