O PP afirma que o goberno de Ribadavia tarda de media 220,11 días en pagar as facturas dos seus proveedores.

  • A nefasta xestión económica do goberno de Ribadavia provoca que se dispare o prazo medio de pago a provedores chegando, tal e como sinala o último dato oficial do ministerio, ata os 220,11 días.
  • Os populares recordan que, gobernando o Partido Popular de Ribadavia, tal e como reflicten os datos publicados polo ministerio de facenda do mes de decembro de 2020, o período medio de pago a provedores estaba en 28,13 días, cumprindo co máximo de 30 días que marca a lei.

Ribadavia, 23 de xaneiro de 2023.- O Partido Popular de Ribadavia denuncia que a nefasta xestión económica do goberno bipartito de Ribadavia provoca que Ribadavia incumpra coa lei que establece o período medio de pago a provedores das administracións locais, e que dispare o prazo medio de pago ata os 220,11 días, tal e como recolle o último dato oficial publicado polo Ministerio de Facenda do Goberno de España. Cómpre lembrar que a lei establece, como máximo, un período medio de pago aos provedores de 30 días, e o dato actual que presenta o concello de Ribadavia provoca que Ribadavia sexa un dos concellos da provincia que mais tarda en pagar aos seus provedores.

Os populares recordan que o último dato do período medio de pago a provedores co goberno do Partido Popular, dato de decembro de 2020, situaba ao concello de Ribadavia nun período medio de pago de 28,13 días, cumprindo escrupulosamente coa lexislación vixente e sendo un dos concellos mais saneados e mellor xestionados da provincia de Ourense. Para o Partido Popular de Ribadavia, a nefasta xestión do goberno bipartito de Ribadavia está a provocar unha complexa situación económica no concello, xa que se está gastando por encima das cantidades orzamentadas en moitas partidas, tal e como ocurriu, por poñer un exemplo, coas Festas do Portal, o que provoca un alarmante aumento das facturas e as obrigas que quedan sen recoñecer e sen pagar. Ademais, a pésima xestión da economía municipal por parte deste goberno está a provocar que moitos dos provedores do concello vexan como pasa o tempo e as súas facturas seguen sen pagar, o que xenera a desconfianza de moitos provedores cara ao concello de Ribadavia, ata o punto de que algúns deles xa se negan a seguir subministrando material ao concello ata que non se abonen as facturas pendentes.

AVANTAR ACTIVIDADES

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia solicitará un informe detallado dos servizos municipais para cuantificar con exactitude a cantidade de facturas existentes sen recoñecer e sen pagar correspondentes ao exercizo 2022, xa que esta situación pode supoñer un importante problema para a economía municipal no exercizo 2023