O defensa central Dani Pereiro incorpórase ao C.D. Arenteiro procedente do Zamora C.F.

Esta nova publicouse nas redes sociales do C.D. Arenteiro

Nado en Vigo, formouse na base do Coruxo para logo desenvolver a súa carreira futbolística vencellado ao Villarreal CF. Seis anos en Miralcamp.Proclamouse campión co Villarreal Juvenil A na tempada 18/19 e continuou no Villareal C. Pereiro foi cedido despois a Unionistas de Salamanca para curtirse en Primera RFEF, malia que volveu ao Villarreal C onde completou o seu terceiro ano en Terceira RFEF. Do Villareal despediuse para completar o cadro do Zamora CF, que foi o seu club no que vai de liga esta tempada 2022-2023. Agora Dani Pereiro volve a Galicia para poñerse ao mando de Javi Rey e formar parte da familia verde, dos nosos, do C.D. Arenteiro.

AVANTAR ACTIVIDADES