O Cine Club proxecta este venres e domingo “The quiet girl”

Esta fin de semana, o Cine Club trae outra das películas finalistas nos premios Oscar, na categoría de Mellor película internacional. “The quiet girl” é un filme ambientado na Irlanda rural de 1981. Cáit é unha nena de 9 anos que pasa desapercibida no seu complexo entorno familiar rodeada de irmáns. Coa inminente chegada dun novo irmán, Cáit vai pasar o verán á casa duns familiares lonxanos, onde descubre un novo mundo.

Unha película fermosa e tremendamente conmovedora. Os pases serán o venres día 21 de abril en sesións de 20:00 horas (dobrada ao castelán) e ás 22:30 horas (VOS) e o domingo 23 ás 19:00 horas, dobrada ao castelán. 

AVANTAR ACTIVIDADES