Sofía García e a candidatura do BNG móstranse listos para liderar o cambio que precisa o Carballiño
O CARBALLIÑO, 24 de abril de 2023. O BNG rexistrou hoxe no Carballiño a candidatura para as vindeiras eleccións municipais que encabeza Sofía García, actual voceira do grupo
municipal do BNG. Unha candidatura conformada por xente moza e xente con experiencia, por persoas de diferentes sectores e comprometida tamén no día a día co futuro do concello.
Sofía García confía na forza da súa candidatura para transformar O Carballiño co modelo BNG, “O #modeloBNG de política municipal mellora a vida das persoas, revitaliza os concellos e fai que a xente se sinta orgullosa de vivir na súa vila ou cidade.
Iso fixemos alí onde gobernamos de Allariz a Pontevedra. Un modelo que se adapta ás característiscas e situación específica de cada concello, mais que ten un enfoque e unha base común e sólida: poñer ás persoas no centro, desenvolver plenamente os concellos, os seus recursos e potencial e traballar con orgullo polo que somos. Proxecto, confianza no concello, capacidade e saber facer”
Enfrontamos estas eleccións municipais convencidas e convencidos de que van supoñer un importante avance para o BNG non só no Carballiño senón en toda Galiza, sinalou a
voceira do bloque nacionalista do Carballiño, que continúa sinalando que “estamos nun bo momento e somos optimistas, porque cada día máis veciñanza do Carballiño confían no BNG para liderar o cambio que a nosa vila precisa.
A lista do BNG do Carballiño está composta polas seguintes persoas:
- Sofía García Hermida
Xestora de proxectos. Autónoma. “Activista da vida cotiá” - Yolanda Vázquez Simón
Persoal Laboral do Estado. “Máis tempo para a familia” - Manuel Ramón Caíña Estévez
Bombeiro Forestal e Adestrador de Fútbol Base.“Deporte con tod@s e para tod@s” - Fátima María Gómez González
Enxeñeira Técnica Industrial. “Emprendendo no Rural” - Luis Miguel Borrajo Gutiérrez
Traballador no sector do turismo. “Pola vila da xente” - María do Pilar Bernárdez Rodríguez
Traballadora do Ensino. “Ante todo educación” - Santiago Pérez Vázquez
Analista Financieiro. “Os actos de hoxe marcan o mañá” - Amara Gallego García
Graduada en Turismo. “Outra mirada do noso” - Xabier Álvarez Vázquez
Empregado Público. “No Carballiño todo o que necesites en 10 minutos” - Leonisa Fernández Viñal
Técnica Sociosanitaria. “Da man dos nosos” - Víctor Vázquez Gulías
Activista cultural. “A nosa fala non se cala” - María Pilar Fernández Pousa
Funcionaria do Ensino. “A mocidade é o futuro” - Óscar Rodríguez Álvarez
Operario no siderometal. “A enerxía é a solución non o problema” - María Belén Gómez Márquez
Xubilada. “Comercio local, aposta de futuro” - Alberte Suárez Sobrado
Autónomo. “Cos pés na nosa terra” - María Elena Cudeiro Ventureira
Auxiliar de xeriatría. “Polas nosas raíces” - Xosé Francisco Ferreiro Abelleira
Xubilado do Sergas. “Saúde sen cortes, saúde sen recortes”
Suplentes - Xosé Manuel Codesido Souto
Licenciado en Empresariais. “O que fomos, o que somos, o que seremos” - María Carmen Fernández López
Hostaleira. “Co corazón na terra” - Benito González Villaverde
Autónomo. “A nosa cultura perdura” - Lucía González Gómez
Graduada en Educación Infantil. “Nin máis, nin menos, iguais” - Abelardo Bugueiro López
PSX do Sergas. “Carballiño sano, Carballiño saudable